Pouco máis podemos dicir de Galicia que aínda non coñezamos. A súa rica historia, a súa diversidade cultural, a súa impresionante beleza natural e a amabilidade da súa xente teñen un enorme potencial para o seu "redesenvolvemento" rural. Un potencial que, na actualidade, non lle estamos dando o gran valor que tivo e ten. A pesar das múltiples actuacións que están a levar a cabo os organismos públicos e privados, intúo que as forzas de traballo de cada unha delas seguen camiños paralelos, cando deberían confluír puntualmente. Sería o xeito de tecer unha rede de colaboracións que beneficie a todos os axentes rurais e á sociedade. Pero vexamos rapidamente o que nos ofrece Galicia.

Un tesouro de recursos naturais
Galicia é unha comarca cunha abundancia de recursos naturais que sorprenden a calquera. Dende as súas fértiles terras de cultivo ata os seus amplos bosques e os seus "mil ríos", o rural galego ten todo o necesario para sustentar unha ampla gama de actividades económicas. Xestionando estes recursos de forma rexenerativa e sostible, pódese volver a crear unha base para unha economía rural atractiva e con impacto social.
Innovación no rural
Innovar no rural galego non sempre supón adoptar a última tecnoloxía ou as prácticas máis modernas. Ás veces, a innovación pasa por volver ás nosas orixes, redescubrir e revalorizar as nosas tradicións e costumes. Estamos nun momento da historia no que as sociedades de todo o mundo corren o risco de perder as súas propias identidades, de esquecer as prácticas que nos fan únicos. A oportunidade de revertir esta tendencia está nas nosas mans.
Podemos volver á esencia do que somos e aprender da base do noso coñecemento como sociedade, mostrando non só ao mundo senón tamén a nós mesmos o valor das nosas raíces. Con iso non só nos diferenciamos, senón que reforzamos a nosa propia identidade e contribuímos a un futuro rexenerador e sostible para o rural galego.

O valor da comunidade
Sen dúbida, un dos maiores puntos fortes do rural galego é o seu sentido de comunidade. As comunidades rurais adoitan ser próximas e solidarias e si, tamén un pouco cautelosas ás veces, pero teñen unha forte conexión coa terra e un profundo aprecio polas súas tradicións e cultura local. Un sentido de comunidade co que GranRURAL quere colaborar para convertelo nun potente motor de desenvolvemento, fomentando a cooperación e a colaboración, creando un ambiente no que as ideas e iniciativas poidan florecer.
No rural galego temos un enorme potencial sen explotar. Aproveitemos os nosos recursos naturais con responsabilidade, fomentemos a innovación sen perder a nosa identidade e aproveitemos o valor das nosas comunidades. Podemos crear un futuro rural forte. Para contribuír a conseguilo, en GranRURAL buscamos unir a todos os actores rurais e proporcionar as ferramentas e o apoio necesarios para realizar este potencial a través da educación, a cultura e o turismo.
Así que, se tes un proxecto rural ou estás pensando en vivir no rural, animámoste a que te unas a nós neste proxecto nacente. ¡Redescubrimos e revaloricemos o noso rural galego!
Коментарі