top of page
DIENTE DE LEÓN-02
_logo GranRURAL experiencias BLANCO.png

Únete a GranRURAL
e promove o mellor do rural galego 

A comunidade que conecta artesáns, emprendedores e experiencias sostibles no corazón de Galicia

DESCONECTA
CREA
EXPERIMENTA

En GranRURAL queremos dar visibilidade aos proxectos que fan do rural galego un lugar especial.

Se tes experiencias, tes aloxamento ou xestionas un negocio que apoie a rexeneración rural e a creatividade, estás no lugar indicado.

VISIBILIDADE PARA O TEU PROXECTO RURAL

Poñemos a túa idea no mapa na internet.

CONEXIÓN CON OUTROS PROXECTOS

Forma parte dunha comunidade que cre na sinerxía e na creatividade.

PROMOCIÓN SOSTIBLE e PROFESIONAL

Axudámosche a destacar de forma autentica entre o público en xeral e as axencias.

FLEXIBILIDADE de 
PARTICIPACIÓN

Sempre podes solicitar axustes ou cambios no teu perfil.

2
MANOS ARTESANA

QUE ESTAMOS A BUSCAR?

Se o teu proxecto encaixa nalgunha das seguintes categorías, queremos contar contigo para seguir creando unha comunidade rural forte e diversa:

EXPERIENCIAS e ACTIVIDADES

Desde obradoiros creativos ata rutas naturais.

ALOXAMENTOS no RURAL

Casas rurais, hoteis con encanto e recunchos máxicos de Galicia.

RESTAURACIÓN

Delicias locais e propostas gastronómicas que destacan os produtos galegos.

CENTROS e ORGANIZACIÓNS

Obras que conectan co pasado e coas raíces do rural galego.

QUERES FORMAR PARTE DE GranRURAL?

Axudámosche a dar visibilidade ao teu proxecto en tres sinxelos pasos:

  1. Completa e envía o formulario
    Fálanos do teu proxecto! Se tes algunha dúbida sobre enchelo, non te preocupes. Podes contactar connosco e organizaremos unha pequena sesión en liña para axudarche.
     

  2. Revisión e contacto personalizado
    Revisaremos a túa información e se necesitamos máis detalles, porémonos en contacto contigo para completar todo o necesario. Queremos que o teu proxecto sexa presentado co máximo coidado.
     

  3. Promoción nas redes sociais.
    Nunha primeira fase promocionarase o teu proxecto a través das nosas redes sociais. A medida que implementemos novas fases, manterémoste informado para que poidas sacarlle o máximo proveito.

Forest Grass_edited_edited.jpg

CONTAMOS CONTIGO PARA FORTALECER O RURAL GALEGO

Completa este formulario e forma parte dunha comunidade comprometida coa sustentabilidade, a sinerxía e a creatividade.

FAQ

  • Podes rexistrar calquera proxecto que destaque o rural galego ou calquera outra experiencia que, aínda que respectuosa co rural, sirva para enriquecer a experiencia dos viaxeiros. Isto inclúe experiencias, aloxamentos, restaurantes de cociña local ou centros de formación e artesanía.

    Tamén aceptamos proxectos en zonas urbanas, sempre que o seu enfoque estea relacionado coa promoción do rural.

  • Si! A inscrición no noso plan básico é totalmente gratuíta e permíteche formar parte da nosa comunidade así como promocionar o teu proxecto nas nosas redes sociais.

    Ademais, estamos a traballar en plans premium con servizos adicionais que iremos comunicando en detalle.

    Sempre terás a opción de cambiar de plan sempre que o precises, para adaptar a túa visibilidade ás túas necesidades.

  • GranRURAL conecta o teu proxecto cun público interesado en experiencias auténticas e sostibles, tanto a través da nosa plataforma como das nosas redes sociais.

    Ademais, traballamos para establecer colaboracións con axencias de viaxes e outros profesionais do sector para potenciar a visibilidade dos proxectos rexistrados.

    O noso obxectivo é que o teu traballo chegue ao maior número de persoas posible.

  • No formulario pedirémosche información básica como o nome do proxecto, unha descrición do mesmo, a categoría na que encaixa e ligazóns ás redes sociais ou á páxina web do proxecto. Canto máis detallada sexa a información, mellor podemos promocionala.

  • Por suposto! Se o teu proxecto aínda está en fase de desenvolvemento e prefires non compartilo publicamente, estamos aquí para axudarche a traballar na súa definición e planificación.
    .
    Aínda que non estea operativo, traballaremos contigo para buscar posibles sinerxías con outros proxectos ou institucións que poidan apoiar o seu crecemento. Ademais, garantimos que non se publicará ningunha promoción ata que o proxecto entre en marcha.
    .
    Se o prefires, podemos organizar unha reunión telemática para discutir os detalles asinando un acordo de confidencialidade, garantindo que toda a información permanece protexida.

  • Podes contactar connosco en calquera momento para solicitar cambios ou eliminar o teu proxecto da nosa plataforma. Queremos que te sintas cómodo formando parte de GranRURAL.

  • Por suposto! En GranRURAL cumprimos coas leis vixentes en materia de protección de datos. A túa información só se utilizará para promocionar o teu proxecto, nada máis.

  • Polo momento traballaremos en galego e castelán para chegar a un público local. Se necesitas outro idioma, tamén o agradeceremos.

  • Unha vez que envíe o formulario, revisaremos a súa información e solicitaremos confirmación. Dentro duns días, o teu proxecto estará dispoñible para a súa promoción.

  • Por suposto! Contacta connosco e revisaremos o teu caso. Estamos abertos a todo tipo de iniciativas que fomenten o rural galego.

  • Podes escribirnos ao noso enderezo de correo electrónico ou contactar connosco a través de WhatsApp ou as redes sociais. Sempre estamos encantados de responder ás túas preguntas!

bottom of page